Ola, son Adela Vázquez Veiga ♥
Relatora gráfica e ilustradora, docente e mediadora cultural con experiencia en procesos comunitarios e participativos.
Son de Sigüeiro, un pobo preto de Santiago. En 2004 collín a mochila para traballar en México, onde vivín 18 anos na Península do Yucatán, a miña segunda casa.
Nos once anos traballando na conservación-restauración co Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia de México aprendín a comprender os obxectos na súa relación social. Outros dez, dando clases na UNAM, na Universidade Autónoma de Yucatán e na Universidade de Vigo, ensináronme que o coñecemento se produce en común.
Esa mesma procura de facer en común deu lugar a Niquelarte e a BIComún, dous proxectos que cofundei en Galicia e que segue viva hoxe en La Underground Colectiva e O Gabinete.
Formeime entre disciplinas — Historia da Arte en Santiago, Conservación e Restauración en Pontevedra, Traballo Social en México — e sigo a facelo hoxe na tese doutoral en Protección do Patrimonio Cultural na Universidade de Vigo.
Hoxe traballo principalmente como relatora gráfica, docente e mediadora cultural.
Publicacións
- Manual para Políticas Culturais Locais. 6 fases e 25 accións para fortalecer a cultura. Deputación da Coruña, 2026.
- De nenas a lendas. Taller de Solidaridade, 2024.
- Unha receita para a diversidade cultural. GIDEP Universidade de Vigo, 2024.
- KITep, kit de ferramentas para a educación patrimonial. GIDEP Universidade de Vigo, 2021.
- Como hacer un collage. La Aventura de Aprender, 2020.
- Guía do Taller de Innovación Participativa [TIP]. Secretaría de Participación Cidadá. Mérida, Yucatán, 2019.
- A través das marxes: entrelazando feminismos, ruralidades e comúns. Bartlebooth, 2017.
Recoñecementos
- Premio Cousas do Retorno 2025. Proxecto Memorias Migrantes. AJERGA (Asociación de Xóvenes Emigrantes Retornados en Galicia) e a Asociación Rioplatenses de Lugo, coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración e a Rede Provincial Museística de Lugo.
- Premio Categoría B (Arte) Fondo de Diversidade Cultural do Casal Català da Península de Yucatán A.C. 2020. Proxecto Cartografías Surrealistas 20/20. Mapeo de mulleres surrealistas entre Cataluña e México 1920-2020.
- Fondo para a Cultura e o Desenvolvemento Sustentable 2019. Secretaría de Cultura do Concello de Mérida, Yucatán. Proxecto Sensa Citizens.
- Fondo Nacional da Cultura e as Artes de México (FONCA) 2010-2013. Revista de Arte e Cultura Contemporánea ORIGAMA®.