Son Adela Vázquez Veiga ♥
Relatora gráfica, ilustradora e docente con experiencia en procesos participativos e espazos culturais. Acompaño a equipos e comunidades sintetizando visualmente ideas complexas de maneira accesible e creativa.
Desfruto escoitando e acompañando a persoas aquí e acolá.

Nacín en Santiago de Compostela nos anos 80.
Vivín 18 anos na Península do Yucatán, México e retornei a Galicia no 2022.
Traballei 11 anos como conservadora-restauradora co Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia de México e 10 anos como profesora na Universidade Nacional Autónoma de México e na Universidade Autónoma de Yucatán.
Cofundei en Galicia a asociación cultural Niquelarte e o proxecto de investigación acción participativa BIComún.
Son parte da equipa de La Underground Colectiva e codirectora do espazo cultural independente O Gabinete.
Licencieime en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e Gradueime en Conservación e Restauración de Bens Culturais na escola de Pontevedra. Tituleime como Mestra en Traballo Social na Universidade Nacional Autónoma de México. Actualmente fago o Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural na Universidade de Vigo, onde investigo sobre novas prácticas de arquivo da memoria social.
Publicacións
- De nenas a lendas. Taller de Solidaridade. 2024.
- Unha receita para a diversidade cultural. GIDEP Universidade de Vigo. 2024.
- KITep, kit de ferramentas para a educación patrimonial. GIDEP Universidade de Vigo. 2021.
- Como hacer un collage. La Aventura de Aprender. 2020.
Recoñecementos
- Fondo de Diversidade Cultural do Casal Català da Península de Yucatán A.C. 2020. Categoría B (Arte). Proxecto Cartografías Surrealistas 20/20. Mapeo de mulleres surrealistas entre Cataluña e México 1920-2020.
- Fondo para a Cultura e o Desenvolvemento Sustentable 2019. Secretaría de Cultura do Concello de Mérida, Yucatán. Proxecto Sensa Citizens.
- Fondo Nacional da Cultura e as Artes de México (FONCA). Revista de Arte e Cultura Contemporánea ORIGAMA®.