Memorias Gráficas Galiza-México

O 1 de marzo de 2024 inaugurouse no espazo cultural independente O Gabinete, en Santiago de Compostela, a exposición Memorias Gráficas Galiza-México que mostra as miñas experiencias de vida, traballo e investigación través de relatos gráficos que documentan memorias vividas entre Galiza, a miña terra nai e Yucatán, a miña terra de acollida en México durante 18 anos.