As receitas que nos fixeron soñar
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal encargoume a ilustración dun fanzine de receitas, froito do proxecto de recollida documental Sabores e saberes. As mulleres que alimentan a vida, dirixido por Encarna Otero e producido polo Consello da Cultura Galega.
A partir da actividade colaborativa Receitas que nos fixeron soñar propuxeron á cidadanía colaborar no envío de receitas para contribuir á elaboración dun pequeno arquivo da memoria culinaria galega.
Un proxecto feito en colaboración coa cociñeira Lucía Freitas @lutafona.
O 5 de novembro celebrouse, no salón de actos da biblioteca, unha xuntanza onde se colgaron as receitas nun tendal expositivo e se entregaron ás persoas participantes unha copia impresa do fanzine ilustrado.
Podes ollar e descargar o fanzine en dous formatos: PDF en A4 ou A4 formato folleto para imprimir por dúas caras e doblalo ti mesma.