Fanzine Comensario

O fanzine Comensario: cocinar la mesa foi creado para o Encontro de Alimentación Sostible unoconcinco 2026, por encargo da Fundación Daniel y Nina Carasso, co obxectivo de imprimirse en formato A2 como agasallo para as persoas participantes no encontro.

A partir de doce receitas elaboradas por persoas e colectivos de todo o Estado español que traballan no ámbito da ecoloxía e da soberanía alimentaria, ilustrei cada unha delas para compoñer un calendario de doce meses que podes descargar neste enlace.

Aquí tamén atoparás unha imaxe coas instrucións para montar o fanzine, por se te animas a imprimilo e ensamblalo ti mesma.