Por encargo da Rede Museística Provincial de Lugo realicei as memorias gráficas do encontro Boas Iniciativas Culturais, celebrado o 13 de xullo de 2026 no Pazo de Tor (Monforte de Lemos) no marco do programa Escola, Cultura e Territorio que supín un fito para a cultura galega ao materializar a primeira colaboración entre as áreas de Cultura das Deputacións de Lugo e da Coruña e o Consello da Cultura Galega, unha alianza institucional orientada a fortalecer a cooperación, compartir coñecemento e impulsar novas estratexias para o desenvolvemento cultural de Galicia.
Ademáis, durante toda a xornada facilitei a dinámica PARTICIPA na que se recolleron as achegas e conclusións de máis de 70 persoas participantes na xornada que compartín ao peche da mesma. Froito desta participación elaborei unha memoria que será publicadas polo CCG.