Mapa relatográfico

O mapa Fíos pola Xustiza Climática foi un encargo de Alalá Cooperativa Galega e nace como resultado dunha xornada de traballo celebrada o 27 de xuño de 2026 na antiga escola indiana de Unión do Porvir, en Taboadela (Tomiño), no marco do proxecto Fíos pola Xustiza Climática que deselvolven grazas ao financiamento de Oxfam Intermon, Political Watch e a UE.

Durante a xornada realicei as relatorías gráficas en directo tanto da mesa de traballo do focus group como do encontro coa veciñanza. Posteriormente, a partir da información achegada pola cooperativa —froito do mapeo colaborativo das problemáticas identificadas pola veciñanza de Tomiño e A Guarda— e das relatorías gráficas elaboradas durante o encontro, desenvolvín un mapa infográfico que reúne e conecta toda esa información a través da linguaxe visual.