Imaxinando un libro anfibio

Por encargo de  Ainhoa Montoya, investigadora do CSIC, fixen as memorias gráficas da xornada de portas abertas da residencia de creación etnográfica e multimodal «Imaxinando un libro anfibio» no marco do proxecto @hydro_commons en colaboración con Laura Langa e Ariel Arango do @proyecto.entrelazando e XEITO, laboratorio de creación etnográfica coordinado por @inigo.sanchez.fuarros desde o @incipit_csic

O encontro tivo lugar o pasado 25 de xuño no espazo REGA 4 da Cidade da Cultura de Galicia. A residencia concebiuse a modo de laboratorio de colaboración experimental e interdisciplinar a partir do cal ‘curar’ unha serie de materiais multimodais froito do traballo na cuenca do Río Amazonas —específicamente na triple fronteira Colombia-Perú-Brasil e nun dos seus afluentes principais, o Río Putumayo. Con eses materiais, estarase dando forma a un futuro libro expositivo ou libro expandido que pretende abordar a pregunta que é un río e que será deseñado e editado por Entrelazando.