Museus i Governança

Fixen por primeira vez memorias gráficas en lingua catalana. Aconteceu durante a XV Jornada Museus i Governança, organizada por @lamardemuseus, Xarxa de Museus Marítims de Parla Catalana (Rede de Museos Marítimos de Fala Catalana), no Museu Marítim de Barcelona o 28 de outubro de 2026.

Un encontro para reflexionar sobre o papel dos museos no fortalecemento da democracia e explorar novas formas de gobernanza no que tamén facilitei o obradoiro «Cuando la participación no cambia las cosas: claves para transformar acciones en torno al patrimonio cultural marítimo». Un espazo para compartir reflexións, cuestionar prácticas e pensar como avanzar cara procesos de participación que vaian máis alá das palabras e se traduzan en cambios reais.