Tejiendo Saberes: Colaboraciones entre arte y ciencia

Por encargo da antropóloga e investigadora do CSIC Ainhoa Montoya, fixen as memorias gráficas do taller impartido pola artista e investigadora Seila Fernández Arconada “Tejiendo Saberes: Colaboraciones entre arte y ciencia” no marco do proxecto @hydro_commons no marco do proxecto “Charlas con XEITO”, laboratorio de creación etnográfica coordinado por @inigo.sanchez.fuarros desde o @incipit_csic

O obradoiro tivo lugar o pasado 15 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia e procurou xerar un espazo colectivo desde o que crear sinerxías entre disciplinas a través do diálogo entre a práctica artística e a actividade científica. O obxectivo non foi só ampliar as fronteiras do coñecemento cara a novas formas de creación, senón tamén ofrecer inspiración e ferramentas prácticas para reflexionar sobre como colaborar máis alá do ámbito académico, aprendendo de proxectos anteriores e das experiencias e motivacións das persoas participantes. 

Estivo guiado pola pregunta que ambas investigadoras comparten: como situar a imaxinación e a creatividade no centro do que facemos para buscar respostas ás preguntas que orientan as nosas investigacións?